
A Federación Galega de Voleibol publica a lista de deportistas convocados e convocadas para participar nunha nova xornada de adestramento das Seleccións Galegas de voleibol da tempada 2025-26, que terá lugar o vindeiro domingo 10 de maio, de 16:00 a 19:00 horas.
Nesta ocasión, o traballo dividirase en dúas sedes segundo a categoría:
- Categorías Infantil Feminina (IF) e Infantil Masculina (IM): Pavillón Municipal de San Sadurniño.
- Categorías Cadete Feminina (CF) e Cadete Masculina (CM): Pavillón Municipal de Rianxo.
Esta xornada continúa co traballo de preparación de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, sendo clave para avaliar o rendemento dos e das xogadoras, así como para seguir afianzando as dinámicas de grupo.
A continuación, o calendario actualizado das xornadas:
- 23-11-25 – Celebrada
- 14-12-25 – Celebrada
- 18-01-26 – Celebrada
- 25-01-26 – Celebrada
- 22-03-26 – Celebrada
- 10-05-26 – San Sadurniño (IF/IM) e Rianxo (CF/CM).
- 17-05-26
- 31-05-26
A FGVB agradece a colaboración dos clubs, concellos e familias neste proceso, esencial para o crecemento do #voleigalego e o fortalecemento do noso deporte de base.
A continuación, as listas de xogadores/as seleccionados por categoría:








