
A preparación das seleccións galegas de vólei praia continúa avanzando cunha nova xornada de adestramentos programada para este domingo 17 de maio.
Nesta ocasión, o traballo dividirase por xéneros en dúas sedes estratéxicas: os combinados masculinos acudirán ao Complexo Deportivo de Oira (Ourense), mentres que toda a actividade feminina se concentrará na praia de Samil (Vigo).
A planificación para esta xornada establece un horario unificado para todas as categorías (Infantil, Cadete, Sub-19 e Sub-21), que traballarán sobre a area de 16:00 a 19:00 horas. Como é habitual nestas sesións preparatorias, o desenvolvemento da actividade permanecerá supeditado á evolución meteorolóxica, confirmándose a súa celebración definitiva a mediados de semana.
A continuación detállase a lista de deportistas convocados/as:








