
O circuíto galego de volei praia continúa o seu curso en Ourense cunha nova parada fixada para o vindeiro sábado 30 de maio, data na que a categoría Infantil tomará o protagonismo no recinto de Oira. Esta cita será moi especial, xa que se trata da última proba do circuíto ArenOu, os torneos galegos que organiza o Club Ourense Vólei Praia en Ourense de xaneiro a maio. O torneo volverá ser unha peza clave para os deportistas de base, ao puntuar tanto para o Ranking Galego como para os Campionatos de España 2026.
A Federación Galega de Voleibol agradece novamente a implicación e a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Concello de Ourense e do Club Ourense Vólei Praia, cuxo soporte resulta indispensable para levar a cabo estas xornadas competitivas e facer posible todo este circuíto.
Inscricións e prazos: Para tramitar a participación, os clubs deben remitir o formulario oficial en formato Excel ao correo electrónico inscripcionescovp@gmail.com.
- Data límite de inscrición: Ata o luns 25 de maio ás 23:00 horas.
- Límite para cambios de parella: Ata o xoves 28 de maio ás 15:00 horas.
Custos e forma de pago: A taxa por xogador/a mantense en 8 euros, importe que debe ser ingresado mediante transferencia bancaria na conta do Club Ourense Volei Praia: 👉 IBAN: ES45 2080 0000 70 3040 2641 15
É obrigatorio especificar no concepto do ingreso o texto: “Inscrición proba Infantil”. Prégase que cada entidade deportiva unifique os pagos de todas as súas parellas nun único movemento.
Calendario de publicacións: Seguindo a planificación habitual, as listaxes provisionais de inscritos compartiranse o mércores, mentres que o cadro oficial de competición e os listados definitivos sairanse á luz o xoves pola tarde. Toda a documentación correspondente debe enviarse unicamente dende a conta de correo oficial de cada club.
Entrega de premios final: Ao tratarse da xornada de clausura do circuíto, este mesmo sábado 30 de maio levarase a cabo a entrega de premios final de todas as categorías que formaron parte do ArenOu ao longo destes meses, un momento moi especial para recoñecer o traballo de todos os deportistas.
👉 Descarga do documento de inscrición na seguinte ligazón
Calendario actualizado de probas 2026:
- Proba Sub21 do día 07/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba infantil do día 08/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 21/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 28/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 28/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 21 do día 29/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 11/04/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Infantil do día 25/04/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sénior do día 01-02/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 21 do día 09/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 16/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Alevín do día 17/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 23/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba infantil do día 30/05/26(Última proba ArenOu + Entrega de premios final) – – INSCRICIÓNS ABERTAS




