
A Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros (C.T.G.A.), abre oficialmente o prazo de inscrición para unha nova actividade formativa de iniciación á arbitraxe en vólei praia. O curso celebrarase os vindeiros días 5 e 6 de xuño co obxectivo de incorporar novos membros ao estamento arbitral e dar resposta ao gran volume de competicións autonómicas da temporada.
A formación conta cun total de 20 horas lectivas repartidas en dúas xornadas intensivas nas que se abordarán contidos fundamentais como o regulamento comentado, a técnica arbitral, a metodoloxía, a normativa vixente e o funcionamento da acta electrónica. O curso contará con clases teórico-prácticas impartidas por docentes con ampla experiencia en competicións de carácter nacional e autonómico.
Requisitos e Inscricións: O curso está dirixido a todas as persoas interesadas que sexan maiores de 16 anos (ou que os cumpran durante o ano 2026).
Para formalizar a participación, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición en liña e achegar o xustificante do ingreso bancario.
- Data límite: Ata o xoves 4 de xuño ás 13:00 horas.
- Custo do curso: 75,00 € por asistente.
- Conta de ingreso (Banco Sabadell): ES71 0081 0499 6400 0137 8440 (É imprescindible indicar no concepto o nome do alumno/a).
Para obter a cualificación de «apto» e recibir a correspondente certificación, será obrigatorio asistir ao 100% das clases, superar as materias impartidas, presentar os traballos solicitados polo profesorado e realizar os encontros de prácticas establecidos en competición oficial ou partidos amigables.
Descarga a convocatoria completa e accede ao formulario de inscrición na seguinte ligazón.




