
Tras o gran papel realizado polas nosas duplas nos CESA Sub-21 e Sub-19 disputados en Canarias, a Federación Galega de Voleibol anuncia a convocatoria oficial das promesas que porán rumbo a Lorca (Murcia) este mes de agosto para disputar os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas nas categorías Infantil e Cadete.
Os nosos combinados autonómicos buscarán deixar o vólei praia galego no máis alto nunha das citas máis agardadas, esixentes e multitudinarias do calendario nacional de base. O torneo disputarase do 4 ao 8 de agosto no Centro Internacional de Voley Playa de Lorca (Murcia), baixo a organización da Real Federación Española de Voleibol (RFEVB) e a Federación de Voleibol de la Región de Murcia.
Nas vindeiras datas farase chegar a folla de ruta detallada, xunto coa información loxística correspondente, a todos os xogadores, xogadoras e familias participantes.
A continuación, detallamos a listaxe dos xogadores e xogadoras convocados:





