
A praia das Delicias (Sada) puxo o broche de ouro á tempada de praia de base coa disputa dos Campionatos Xunta de Galicia de Vólei Praia de Categorías Inferiores 2026. Ao longo do sábado 29 e do domingo 30 de agosto, os mellores proxectos da canteira autonómica déronse cita nos areais sadenses para loitar polos títulos oficiais desde a categoría alevín ata a sub-21.
Tras dúas xornadas de máxima intensidade e alto nivel competitivo, o cadro de honra autonómico desta tempada queda configurado do seguinte xeito:
Cadro de Campións e Campioas de Galicia 2026:
- Categoría Sub-21:
- Masculino: Vidal / Iglesias (COVP)
- Feminino: Bouzas / Vidal (Lóstrego VP)
- Categoría Sub-19:
- Masculino: Domínguez / Vilarchao (COVP)
- Feminino: Carballo / González (COVP)
- Categoría Cadete:
- Masculino: Gómez / Pérez (COVP)
- Feminino: Sanjurjo / Lage (Liceo La Paz)
- Categoría Infantil:
- Masculino: Bouza / López-Quiroga (CMV Ferrol)
- Feminino: Sanjurjo / Lage (Liceo La Paz)
- Categoría Alevín:
- Masculino: Pérez / Pérez (Club Volei Praia Milenio Ourense)
- Feminino: García / Cortés (CMV Ferrol)
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns a todos os xogadores e xogadoras, así como ás parellas campioas e finalistas, polo seu brillante rendemento, ilusión e deportividade amosada sobre a area en cada punto.
Unha felicitación que facemos extensible a todos os clubs participantes, corpos técnicos, adestradores e familias, cuxo traballo diario e apoio incondicional desde a bancada son o motor imprescindible para que o vólei praia galego de base continúe a medrar e a colleitar éxitos en cada categoría.
Así mesmo queremos agradecer a colaboración do Concello de Sada e á Xunta de Galicia a través de Deporte Galego para levar a cabo a temporada deportiva 25-26 de vólei praia, que rematou este mesmo fin de semana, e que sería imposible sen a súa colaboración institucional.




