

O vólei praia galego suma e segue neste último trimestre do ano co inicio da Fase Provincial de Vólei Praia – Copa Deputación de Ourense. As pistas do Complexo Deportivo de Oira serán o escenario onde se concentren as diferentes categorías desde alevín ata sénior para disputar unhas probas que darán o pistoletazo de saída á tempada deportiva de vólei praia 2027.
Ámbito de participación e calendario
A competición conta con dúas fases diferenciadas segundo a procedencia dos equipos:
- Fase Provincial (Ourense): Reservada exclusivamente para a participación de equipos e parellas da provincia de Ourense.
- Fase Autonómica: Aberta á participación de equipos procedentes de toda Galicia.
Fase Provincial (Só equipos de Ourense)
- 17 de outubro: Sub-21
- 24 de outubro: Sénior e Alevín
- 25 de outubro: Cadete
- 31 de outubro: Sub-19
- 1 de novembro: Infantil
Fase Autonómica (Equipos de toda Galicia)
- 7 de novembro: Sub-19
- 21 de novembro: Cadete
- 22 de novembro: Sub-21
- 28 de novembro: Infantil
- 12 e 13 de decembro: Sénior
Inscricións e prazos da fase provincial.
Para tramitar a participación, os clubs deben remitir o formulario oficial en formato Excel ao correo electrónico inscripcionescovp@gmail.com.
- Prazo límite: O luns previo á celebración de cada proba ás 20:00 horas (mesmo prazo para a tramitación de licenzas).
- Importe da inscrición:
- Categorías Alevín a Sub-21: 10 € por xogador/a.
- Categoría Sénior: 15 € por xogador/a.
- Pago: O abono da inscrición deberá realizalo o club de xeito centralizado (non se admiten pagos individuais) mediante transferencia bancaria na conta do Club Ourense Volei Praia:
- IBAN:
ES45 2080 0000 70 3040 2641 15
- IBAN:
Horarios e normativa
Os cadros de xogo e horarios definitivos publicaranse o xoves previo a cada torneo. A acreditación de presenza de cada parella na instalación farase ata 30 minutos antes do inicio do evento.
Inscricións e prazos da fase autonómica.
O prazo abrirase o martes da semana previa a cada proba, anunciándose a través da web e redes sociais da Federación.
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á Deputación de Ourense e ao Club Ourense Vólei Praia polo seu fundamental apoio, colaboración e compromiso no desenvolvemento e organización desta Copa Deputación. Grazas ao seu impulso e ás excelentes instalacións do Complexo Deportivo de Oira, seguimos a consolidar o vólei praia como un referente deportivo e de lecer na provincia e en toda Galicia.




