
A base do #voleigalego volve ás pistas. A FGVB pon en marcha as súas ligas de promoción co obxectivo de ofrecer unha competición próxima, segura e accesible para as xogadoras que dan os seus primeiros pasos na competición federada.
🏐 4ª División: 69 equipos, 12 grupos e 304 partidos
📌 4ª Xuvenil Feminina: 12 equipos en 2 grupos (Norte e Sur), 60 partidos
📌 4ª Cadete Feminina: 43 equipos en 7 grupos territoriais, 174 partidos
📌 4ª Infantil Feminina: 14 equipos en 3 grupos, 70 partidos
A 4ª Xuvenil Feminina é a categoría que máis medra, con catro equipos máis que a tempada pasada (+50 %).
⭐ Alevín e Benxamín: 9 equipos e 36 partidos
📌 3ª Alevín Feminina: 3 equipos nunha liga a catro voltas, 6 partidos
📌 1ª Benxamín Feminina: 6 equipos, 30 partidos en 10 xornadas con sedes rotatorias e tres encontros por mañá
No caso do benxamín, o formato de concentración permite que xogadoras, adestradores e familias compartan unha soa viaxe por xornada.
Competir preto da casa
A Dirección de Competicións deseñou os grupos por proximidade xeográfica e os calendarios tamén están coordinados para que os clubs con equipos en varias categorías poidan viaxar xuntos na mesma xornada. o que aforra custos aos clubs e ás familias.
Estas competicións son a porta de entrada á competición federada para filiais e escolas municipais. Por iso a FGVB aposta por un formato protexido, que prioriza a iniciación, a continuidade e o desfrute do xogo. Dende a Federación Galega de Voleibol queremos agradecer o traballo de clubs, adestradores e adestradoras, árbitros e familias, que fan posible cada fin de semana de vólei. Moita sorte a todos os equipos!
Os calendarios, resultados e clasificacións poderán consultarse en https://volei.gal/competiciones/




