
Despois de dar os primeiros pasos no banco, chega o momento de seguir medrando. A Federación Galega de Voleibol (FGVB) convoca en Monforte de Lemos unha nova edición do curso de adestrador nivel II, pensado para técnicos e técnicas que queiran ampliar os seus coñecementos e avanzar cara á titulación oficial.
Con esta formación, a FGVB leva tamén a súa oferta formativa ao interior de Galicia cun curso de formación oficial de adestrador de voleibol de segundo nivel. A modalidade é mixta, presencial e en liña, e impárteo profesorado especializado da FGVB. Para acceder ao curso é imprescindible ter superado o curso de adestrador nivel I.
Cando e onde?
- Sede: pavillón A Pinguela, Monforte de Lemos
- Datas: 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2026 e 2 e 3 de xaneiro de 2027
- Horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
O prezo do curso é de 250 €, que se aboan na conta do Banco de Sabadell ES71 0081 0499 6400 0137 8440. Para inscribirse é preciso envíar o formulario G-13 (modelo II, de inscrición en curso de árbitro ou adestrador) xunto co xustificante de pagamento a dtecnico@volei.gal antes do mércores 23 de decembro ás 19:00 h.
Unha vez superadas a parte teórica e a práctica, para obter a titulación definitiva hai que realizar un período de prácticas adestrando a un equipo federado e rexistrado na FGVB.
Para calquera dúbida, podes contactar coa federación no teléfono 981 134 453 ou no correo correo@volei.gal.




