Rede Vólei Galego
Co obxectivo de achegar o voleibol á comunidade educativa e fortalecer a colaboración entre administracións locais, a Federación Galega de Voleibol pon en marcha o proxecto “Rede #voleigalego”, unha iniciativa que busca crear unha rede activa entre asociacións, colexios e concellos para impulsar a práctica do noso deporte desde as idades máis temperás.
A través desta plataforma, preténdese facilitar a organización de actividades, obradoiros, ligas escolares e accións formativas, ofrecendo apoio técnico, material e comunicativo tanto ás entidades municipais como aos centros educativos. O proxecto quere servir como punto de encontro entre educación e deporte, promovendo valores como o traballo en equipo, a igualdade e o espírito federativo baixo a identidade común do #VoleiGalego.


