Noelia Sánchez, despois de 22 tempadas como xogadora de voleibol profesional, máis de 100 internacionalidades e moitos títulos acadados nos mellores equipos de todo o país, deicidiu poñer punto e final á súa carreira na pasada 18/19.
Esta tempada 21/22 unha da nosas referentes do Volei Galego retorna ás nosas competicións autonómicas en Primeira División Senior da man do CD Korbis, o equipo da súa localidade, polo que aproveitamos para falar brevemente con ela para comentar como afronta esta nova etapa na casa.
- Cóntanos Noelia, que che fixo voltar ás pistas como xogadora? Como xurdiu a túa fichaxe?
Tiña ganas de volver a tocar un balón e xa me vía preparada psicolóxicamente para desfrutar do volei dunha maneira que non fose profesional. A fichaxe produciuse dun xeito moi natural, fun o pabellón e pedinlle a Roberto Castro se podía xogar con eles e puxeron todas as facilidades para que así fose.
- Como afrontas esta nova etapa?
Con moitas ganas e ilusión, son moi competiva e iso non vai a cambiar, e aínda que agora non haxa retribución económica coma antes, sego tendo a mesma paixón polo deporte.
- Como está sendo esta volta á competición a nivel persoal?
O principio un pouco dura, facía máis de ano e medio que non tocaba un balón e as dores apareceron todas xuntas, pero agora xa me sento mellor e xa recuperei a sintonía a ca pelota, ademáis de ir gañando complicidade cas novas compañeiras do equipo.
- Qué obxectivos fixaches a nivel persoal e cales son os do equipo?
O obxetivo persoal é manterme en forma e desfrutar, ademáis de por a miña experiencia ao servizo do equipo. No que se refire ó equipo o obxectivo e cada vez xogar mellor e os resultados xa nos poñeran no sitio que merezamos ao longo desta tempada 21/22.
- Con qué outras actividades compaxinas o deporte?
Son adestradora persoal ademáis de quiromasaxista.
- Como xogadora con moita experiencia nas máximas categorías, como ves aos equipos Galegos das Superligas este ano?
Aínda non me deu tempo de botarlles un ollo a todos ,o que si vin en directo foi ó Arenal Emevé das rapazas e creo que serán o equipo revelación da liga. Estou segura de que todos darán o máximo na categoría.
- Teremos unha Noelia adestradora no futuro do Volei Galego?
Creo que iso non pasará… aínda que sempre me din que sería unha boa adestradora, nunca me gustou moito…si que me chama mais a atención un posto de segunda , intervindo en outras tarefas como poden ser a preparación física e a de prevención de lesions.
Palmarés de Noelia Sánchez:
- 1 Campeonato de España Cadete
- 2 Campeonatos de España Juvenil
- Subcampeonato de España Cadete y Juvenil con Selección Gallega de Voleibol.
- 1 Fase de Ascenso a División de Honor(1997-1998)con la concentración permanente (Mejor atacante)
- 12 Copas Galicia.
- 1 Ascenso a Superliga.
- 4 Copas de la Reina de Voleibol, nombrada (MVP).
- 1 Subcampeonato de Superliga (2011-2012).
- 3 Campeonatos de Superliga (2012-2013), (2013-2014) y (2014-2015).
- 3 Supercopas de España (2012, 2013 y 2014).