Despois do éxito da celebración das Xornadas de Desenvolvemento e Formación o pasado día 14 en Noia, comeza a quenda dos/das maiores do Volei Galego, repetindo sede no Pavillón Alonso Rodríguez (Noia) e dentro do plan para o seguimento dos nosos/as deportistas no seu período de formación deportiva.
Deste xeito, o vindeiro luns 6 a categoría infantil ten a súa primeira xornada, sendo os horarios do infantil feminino de 9:30-11:30 e 15:00 – 16:30 e os de infantil masculino 11:30-13:30 e de 16:30-18:00. Os cadetes terán o mércores 8 a súa xornada, sendo os horarios do feminino de 9:30-11:30 e de 15:00 a 16:30 e os do cadete masculino de 11:30-13:30 e de16:30-18:00. Recordamos de novo que os grupos teñen un parón programado para a comida incluida na inscrición e estarán supervisados por persoal da FGVb durante toda a xornada.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 2 as 15:00 horas.
Outras datas:
- 1ª Xornada de Supervisión e Control – 6 decembro – Categoría infantil
- 2ª Xornada de Supervisión e Control – 8 decembro – Categoría cadete
- 3ª Xornada de Supervisión e Control – 26 decembro – Categoría infantil e cadete
- 4ª Xornada de Supervisión e Control – 30 xaneiro – Categoría infantil e cadete