A RFEVB, a través da súa circular informativa Nº15/2021, informou hoxe das sedes de celebración da próxima Copa SM El Rey, Copa SM La Reina, Copa Príncipe e Copa Princesa para esta tempada 2021-2022.
De novo a Real Federación Española de Voleibol confía no Volei Galego para a organización dun dos seus maiores eventos deportivos, xa que designou ao Arenal Emevé como organizador da Copa SM La Reina que terá lugar os días 11, 12 e 13 de febreiro do 2022 no Pabellón Municipal de Lugo.
Deste xeito o torneo femenino retornará a Galicia, tendo como referente as dúas edicións que tiveron lugar no Pabellón Municipal de A Pinguela de Monforte nos anos 2004 e 2010.
A Federación Galega de Voleibol quere felicitar ao club lucense pola designación, desexándolle a mellor das sortes na súa execución, e colaborará activamente co organizador para acadar o éxito na xestión e implementación do evento.