Os próximos 11, 12 e 13 de febreiro o mellor voleibol nacional femenino ten un cita no Pavillón Municipal de Lugo. Hoxe día 18 de xaneiro tivo lugar a presentación oficial do evento, así coma o sorteo dos cruces de Semifinais.
No acto, que comenzou ás 11.00 horas, estiveron presentes a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez; o Secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; O Deputado de Deportes de Lugo, Efrén Castro; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Vicepresidente da Real Federación Española de Voleibol e Presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna e a Presidenta do Arenal Emevé, Bibí Bouza.
A dirixente do equipo anfitrión iniciou a quenda de intervencións recoñecendo que o evento “vai vai ser un fito histórico nestes case corenta anos de andaina do club e é o resultado de axuntar sinerxias e ilusión. Esperamos deixar a Lugo no sitio que se merece”.
O Presidente da FGVB destacou que «o Volei Galego non só está a demostrar o seu gran estado de forma no plano deportivo, con ata 11 equipos nesta temporada 21/22 en competicións nacionais, os grandes resultados nos Campionatos de España de clubs ou as medallas acadadas polas Seleccións Galegas nos últimos CESA. O noso voleibol tamén está sendo referencia no plano organizativo, tras a recente celebración de Fases de Ascenso a Competicións Nacionais, Campionatos de España de Volei Praia ou esta Copa de la Reina que demostra a nosa forza e as nosas ganas de fomentar e mellorar o noso deporte».
«Como responsable da Federación Galega dicir que estamos encantados de colaborar de novo nun evento coma esta Copa de la Reina que chega da man do Arenal Emevé, e que seguirá situando a Galicia coma unha das capitais do voleibol nacional traendo aos mellores equipos femininos o próximo febreiro. Por outra banda, dende a Real Federación Española de Voleibol tamén estamos seguros de que será un gran espectáculo para os afeccionados, celebrándose con todas as garantías tanto sanitarias coma organizativas, xa que detrás do evento estará un club de referencia cunha amplia traxectoria na xestión de grandes eventos deportivos como é o Arenal Emevé» comentou J.Á Luna.
A competición arrincará o venres 11 de febreiro cos duelos xa pre-establecidos clasificatoriamente: Sanaya Libby’ s La Laguna – DSV Sant Cugat (17:00 horas) e OSACC Haro La Rioja – Arenal Emevé (20:00 horas). A primeira semifinal do sábado, que se disputará ás 16:30 horas, enfrontará ás vencedoras do duelo entre canarias e catalás a Gran Canaria Urbaser. A segunda, a partir das 19:30 horas, medirá a KIELE Socuéllamos coas gañadoras do partido entre Haro e Emevé. A gran final quedará para o domingo 13 de febreiro ás 12:30 horas.