O domingo 30 de xaneiro a Federación Galega de Voleibol terá un día completo para os xogadores da base do volei galego, ao ter xornadas de tecnificación nas localidades de Quiroga e Bertamiráns.
A Xornada de Supervisión e Control infantil e cadete, que volve a Quiroga, estará limitada a 30 jugadoras por quenda ( por orden de inscripción) debido a limitación de horarios e persoas na instalación. Os horarios serán os seguintes, incluindo comida na inscrición:
- Infantil Feminino: 09:00-10:45 /14:15-16:00. (INSCRICIÓNS COMPLETAS)
- Cadete Feminino: 10:45-12:30/ 16:00-17.45. (INSCRICIÓNS COMPLETAS)
- Infantil Masculino y Cadete Masculino: 12:30-14:15/ 17:45-19:30.
Para a Xornada de Desenvolvemento e Formación en Bertamiráns, tamén para o 30 de xaneiro e nas que participarán as categorías benxamín e alevín, o horario será únicamente de mañán, estipulado nas seguintes quendas:
- Benxamíns: 10:00-12:00.
- Alevíns: 12:00-14:00.
Para a inscripción nestas xornadas deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 10 € (no caso de Desenvolvemento e Formación e 20€ para Supervisión e Control) no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A.
Para formalizar esta inscrición deberase enviar o xustificante de pago e o formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 27 as 12:00 horas, salvo os inscritos que xa pagaran a anterior edición aprazada de Supervisión e Control, que únicamente deberán enviar o formulario e o xustificante de pago realizado en decembro.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Desenvolvemento e Formación