O Club Milenio Ourense Volei Praia volve a organizar unha proba puntuable para o Ranking Galego e Nacional nas instalacións de Oira Praia grazas ao seu Circuito de Inverno.
A que será a terceira proba de 2022 terá como data o día 27 de marzo, estando limitada a 12 parellas por categoría e cunha orde de entrada regulada polos puntos acadados ata o momento no Ranking Nacional, ten límite para poder inscribirse o martes 22 de marzo ás 20:00 horas.
Pode consultar toda a información da inscrición na seguinte ligazón e realizar a mesma no QR a continuación desta información. Para calquera duda os participantes pódense dirixir ao correo cvpmilenio@gmail.com ou ben ao número de teléfono 646 923 389.