
A Praia das Delicias en Sada, toma o relevo do vólei praia galego os vindeiros 22 e 23 de agosto para celebrar a proba que tivera que ser aprazada a principios de xullo por mor da alerta por altas temperaturas. O areal sadense será así a sede do gran peche do Circuíto Provincial da Coruña de Vólei Praia de Categorías Inferiores, acollendo unha intensa dobre xornada na que se darán cita as futuras promesas do noso deporte nas categorías alevín, infantil, cadete e Sub-19.
Esta competición preséntase como a última oportunidade e o punto estratéxico decisivo da tempada, xa que ademais de coronar aos campións provinciais, decidiranse os últimos puntos puntuables para o Campionato Galego —que se celebrará a vindeira fin de semana. Unha cita imperdible para ver en acción ao talento novo nunha contorna natural inmellorable.
Horarios e distribución por días
Para organizar o alto volume de partidos, a actividade na area repartirase do seguinte xeito ao longo do fin de semana:
- Sábado, 22 de agosto: Categorías Infantil e Sub-19.
- Domingo, 23 de agosto: Categorías Alevín e Cadete.
Información e inscricións
- Prezo de inscrición: 10 € por participante.
- Formato de competición: Determinarase e axustaráse segundo o número final de inscritos.
- Trámite: A inscrición farase a través da plataforma oficial do torneo. Os clubs deberán ter aboada a inscrición antes do venres ás 14:00 h.
- Conta bancaria para o pago (Banco Sabadell): ES71 0081 0499 6400 0137 8440
Puntos clave a ter en conta:
- A data límite para formalizar o rexistro é o martes, 18 de agosto.
- Non haberá límite de equipos inscritos por categoría.
- Os xogadores non poderán estar inscritos en dúas categorías diferentes para o mesmo día.
Agradecementos
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos expresar a nosa gratitude ao Concello de Sada e a Veolia pola súa axuda e colaboración para que o vólei praia siga a medrar, así como á Deputación da Coruña polo seu apoio incondicional ao deporte de base na provincia.




