Hoxe tivo lugar a presentación oficial da proba dos Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín que ao longo do día 2 se celebrarán en Ourense.
Despois da exitosa celebración das dúas primeiras probas en Narón, os nosos/as pequenos/as teñen unha cita nos Pavillóns de O Pompeo e o anexo do Pavillón dos Remedios, na que disputarán os seus encontros en xornada de mañán e tarde.
Ao acto, que se celebrou no salón de presentacións do Concello de Ourense, asistiron o Xefe do Servizo Provincial de Deportes Manuel Pérez, o Concelleiro de deportes local Mario Guede, o Director Técnico da Federación Galega de Voleibol Juan Carlos Suárez , Mateo Fernández como representante do CV San Martiño Ourense-Dompa e Gabriel Rivera do Club Voleibol Ourense.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer ao Concello de Ourense e ao Consello Municipal de Deportes de Ourense a súa acollida e colaboración nas probas, así coma aos clubs locais CV San Martiño Ourense-Dompa e ao Club Voleibol Ourense pola gran axuda na implementación da proba.