![navidad-3](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/04/navidad-3-420x280_c.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/04/navidad-3-1024x1024.png)
A derradeira proba dos Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín celebrarase o vindeiro día 30 nas instalacións de A Xunqueira e o Pavillón Multiusos de Pontevedra.
Grazas á colaboración do club local CV Pontevedra, os máis pequenos do noso voleibol terán un gran día cheo de deporte no que rematarán a competición este ano despois das dúas probas en Narón e a recentemente celebrada en Ourense.
Recordamos que para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 na categoría Alevín e de 3 ata 5 xogadores/as na Benxamín e Prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 antes do próximo martes 26 ás 20:00 horas a correo@volei.gal , co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
Recordamos que pode consultar toda a información dos Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín no apartado específico da nosa web.