Durante os meses de abril, maio e xuño celebraráse unha nova edición da Copa Deputación para promocionar o voleibol na provincia de Ourense e dar unha nova oportunidade aos deportistas que non puideron participar nos campionatos federados desta tempada 21/22.
Os Clubs participantes serán o Burgas Voleibol, Club Ourense Volei Praia, CV Ourense, Club Voleibol Verín, Escolas Deportivas Municipais de Quiroga (invitación especial 2022), Escolas de Volei O Barco (filial CV San Martiño) e o organizador Club Voleibol San Martiño.
As categorías de Competición serán, tanto en masculina como femenina serán as de:
- PREBENXAMIN (ata 8).
- BENXAMIN (9 -10 anos).
- ALEVIN (11-12 anos).
- INFANTIL (13-14 anos).
- CADETE (15-16 anos).
- XUVENIL (17-19 anos).
- SENIOR (máis de 20 anos).
A copa consistirá de dúas FASES (PREVIA e FINAL), coas seguintes datas:
- 24/04/2022 Xornada por concentración (Anexo Os Remedios).
- 21/05/2022 Xornada por concentración (Anexo Os Remedios).
- Fase Previa – Ligas Flexibles: ata 04/06/2022- 11/06/2022 .
- Fase Final – Anexo os Remedios- 18/06/2022 .
- Fase Final – Anexo Os Remedios.
Os partidos desta Copa Deputación, comezando pola primeira proba desta fin de semana que xuntará a máis de 100 participantes, poderanse seguir a través de https://www.twitch.tv/deporvolei