Según confirmación da Real Federación Española de Voleibol esta misma mañán, o galego Marcos Folgar foi designado como árbitro internacional para formar parte do equipo que dirixirá un dos vindeiros encontros da Women Golden League que terán lugar en España próximamente.
O día 11 de xuño exercerá de 2º árbitro no encontro España vs Francia no Polideportivo Municipal de Valladolid, sumando outro encontro para o coruñés neste ámbito da élite deportiva, no que se mantén como único colexiado de categoría internacional do voleibol galego.
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar a Marcos pola designación e desexarlle a mellor das sortes no seu desempeño arbitral, así coma agradecer a confianza da RFEVB nos colexiados galegos.