Os xogadores e xogadoras seleccionadas polos técnicos da Federación Galega de Voleibol realizarán unha nova concentración para preparar os Campeonatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán en Valladolid na última semana de xuño e primeira de xullo.
Nesta ocasión, os días 4 e 5 de xuño as nosas Seleccións Autonómicas cadete e infantil voltarán a Quiroga, comezando a tarde do día 4 ca chegada dos cadetes as 16:00 e dos infantiles as 18:00, quedando a recollida dos xogadores as 17:30 e 19:30 respectivamente do día 5.
A continuación pasamos a enumerar os xogadores/as seleccionados/as, que recordamos que deben presentar obrigatoriamente para esta concentración certificado de vacunación, de recuperación ou test de antíxenos negativo nas 24 horas previas, así como levar o DNI e tarxeta sanitaria, incluíndo tamén roupa de adestramento e útiles de aseo persoal.