

Seguindo co calendario establecido a Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, convoca a xogadores/as do volei galego para unha nova concentración das Seleccións Galegas no ano 2025. A concentración será dun día, cos seguintes horarios:
- Infantil (masculino e feminino): 10:00-12:00 /15:00-17:00
- Cadete (masculino e feminino): 12:00-14:00 /17:00-19:00
O domingo 8 de xuño, os equipos infantil e cadete das nosas seleccións seguirán traballando conceptos e dinámicas de cara o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025.
As datas programadas para estas concentracións son as seguintes:
- ✅ Primeira data – 18 de maio 2025 – Rianxo (feminina) e San Sadurniño (masculino).
- ✅Segunda data – 25 de maio 2025 – San Sadurniño (feminino) e Cambados (masculina).
- Terceira data – 8 de xuño 2025 – Quiroga (feminina y masculina).
- Cuarta data – 15 de xuño 2025 – Quiroga (feminina y masculina).
- Quinta data – 21-22-23 de xuño 2025 – Marín (feminina y masculina).
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, que terán lugar o vindeiro domingo 8 de xuño no Pavillón Municipal de Quiroga.



