

A Federación Galega de Voleibol informa de que xa está dispoñible o formulario impulsado polo Consejo Superior de Deportes (CSD) e ADESP para identificar posibles carencias nos períodos de cotización á Seguridade Social de exdeportistas profesionais.
Este proceso está dirixido a todas aquelas persoas que, a pesar de exercer a súa actividade como deportistas profesionais, non puideron cotizar nun período determinado debido á falta de regulación do seu réxime de cotización.
No caso do voleibol, o período afectado comprende entre o 28 de xuño de 1985 e o 1 de xaneiro de 2003.
A finalidade deste cuestionario é identificar e cuantificar o número de exdeportistas que se atopan nesta situación, co obxectivo de mellorar a súa protección social no futuro.
Formulario de participación:
Podes acceder ao formulario premendo aquí.
Data límite de envío de respostas:
Domingo, 26 de maio de 2025 ás 23:59 horas
Consulta de dúbidas:
consultaspsocial@csd.gob.es
Desde a Federación Galega de Voleibol animamos a todas as persoas que cumpran os requisitos a cubrir este formulario e difundir esta información entre excompañeiros/as e persoas do seu contorno deportivo, para que poidan beneficiarse deste proceso.