A Federación Galega de Voleibol fai oficial a convocatoria das Seleccións Galegas para os Campeonatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán en Valladolid na última semana de xuño e primeira de xullo.
As categorías cadete e infantil terán a derradeira concentración antes da súa partida os días 25 e 26 de xuño en Quiroga, co fin de ultimar os detalles de cara a competición nacional na que loitarán co resto de seleccións autonómicas dirixidos polos nosos técnicos, agardando repetir os éxitos da pasada edición.
Os horarios serán os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino) : entrada sábado 25 ás 10:00 / saída domingo 26 ás 18:00.
- Infantil (masculino e feminino) : entrada sábado 25 ás 12:00 / saída domingo 26 ás 20:00.
A continuación pasamos a enumerar os xogadores/as seleccionados/as, que recordamos que deben presentar obrigatoriamente para esta concentración certificado de vacunación, de recuperación ou test de antíxenos negativo nas 24 horas previas, así como levar o DNI e tarxeta sanitaria, incluíndo tamén roupa de adestramento e útiles de aseo persoal. O plan de viaxe para o CESA 22 enviarase próximamente a clubs e xogadores a través de canles de comunicación interna.