

A selección galega cadete masculina continuará este domingo, 1 de xuño, a súa preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) cun encontro amigable ante o Dompa Vólei.
O partido disputarase ás 17:00 horas no Pavillón O Pompeo, en Ourense e será de entrada libre para os afeccionados, sendo o primeiro dos partidos amigables que se celebrarán nas vindeiras semanas como preparación para o CESA, que terá lugar en Asturias entre o 26 e o 29 de xullo. As datas, categorías e rivais dos vindeiros encontros comunicaranse a medida que se confirmen.
A continuación deixamos os xogadores convocados para este encontro:
