As Seleccións Galegas de voleibol veñen a firmar de novo unha brillante actuación neste CESA 2022, desputado do 30 de xuño ao 3 de de xullo en Valladolid.
A expedición galega , que acudeu ao campionato cas súas catro seleccións despois de que o ano pasado únicamente pudieran acudir tres delas, conseguiu situar a todos os equipos entre os 6 mellores do país, acadando ademáis as medallas de prata e bronce en cadete e infantil masculino.
O equipo cadete feminino rematou cunha meritoria sexta posición, despois de caer contra Baleares en cuartos de final e o domingo no derradeiro partido desputado polas nosas, pero deixando moi boas sensacións na pista en cada partido. Pola súa parte, as pequenas do infantil feminino loitaron ata chegar ao 5ª/6º posto, onde despois dun intenso partido contra Madrid a 5 sets pecharon o campionato cunha vitoria que as deixou no top 5 nacional.
As medallas comezarían co infantil masculino, que despois dun torneo no que únicamente perderon nunhas apretadas semifinais contra Madrid, conseguiron o metal de bronce ante Extremadura noutro recital de gran xogo proporcionado polos nosos pequenos.
Como colofón, o cadete masculino chegou á final do domingo no Pisuerga, caendo ante Canarias pero demostrando a mesma forza que amosaron durante todo o Campionato, onde loitaron cada punto como se fose o último e traendo unha medalla de prata máis que merecida para o Volei Galego.
A Federación Galega de Voleibol quere felicitar a todos os integrantes da expedición galega polo gran desempeño realizado durante a competición, que volve a situar ao voleibol galego como un dos mellores no panorama nacional.
Do mesmo xeito, este novo triunfo do Volei Galego é o resultado do gran traballo que se está a realizar nos derradeiros anos a través de clubs, árbitros/as, técnicos/as, xogadores, directivos, familiares e todas aquelas persoas que axudan a que o noso deporte en Galicia conseguira 4 das 7 últimas medallas desputadas nos Campionatos de España. A Federación quere agradecer o seu bo facer a todos eles e convida a celebrar uns novos resultados históricos para todo o noso voleibol.