As Leoas do Vóley chegaron a terras galegas con obxectivo de seguir coa súa preparación para o Eurovolley 2023, contando coas galegas Lucía Prol, Lucía Varela, Carolina Camiño e Candela López nas súas filas.
A concentración chegou onte a Noia e a partir do día 25 e adestrarase durante dúas semanas no Pavillón Alonso Rodríguez, incluíndo 4 adestramentos nos que o público poderá asistir e presenciar como se exercitan as mellores xogadoras nacionais do momento.
As 17 seleccionadas por Pascual Saurín tamén disputarán dous partidos, o primeiro o día 6 en Noia e o 7 no Pavillón Municipal Bertamiráns, ambos ás 19:00 horas contra Hungría e gozando tamén de acceso ata límite de aforo para todo aquel que o desexe.
Os horarios dos adestramentos a porta aberta serán os seguintes:
- Martes 26/07/22 – de 17:30 a 20:00 horas.
- Xoves 28/07/22 – de 17:30 a 20:00 horas.
- Martes 02/08/22 – de 17:30 a 20:00 horas.
- Xoves 04/08/22 – de 17:30 a 19:00 horas.
As sesións poderanse observar sempre desde a bancada, mantendo o silencio en todo momento e respectando as indicacións que se estipulen alí mesmo por parte da organización.