O vindeiro día mércores 12 de outubro, no Complexo Deportivo de Oira, celebrarase unha proba do Campionato Galego de Inverno de Vólei Praia, sendo a primeira das categorías participantes a Sub 19 tanto masculina coma feminina.
Esta proba, puntuable para os Campionatos de España 2023, formará parte dunha iniciativa novedosa na nosa comunidade que permitirá aos nosos deportistas de vólei praia desfrutar de competicións federadas tamén no inverno, e na que se irán avanzando datas e categorías a medida que se aproximen.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer o compromiso e colaboración unha vez máis do Concello de Ourense, así coma do seu Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Vólei Praia, para poder levar a cabo esta gran iniciativa que fará posible encher de vólei praia galego as pistas de Oira unha vez máis.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o sábado 8 ás 20:00 horas, publicando os horarios definitivos ao longo da luns día 10 de outubro.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA