Xunto a Manolo Martínez, Pepo Garrido obtivo tamén a distinción ao Mérito Deportivo 2022 que a Secretaria Xeral para o Deporte entregou o pasado día 5 de outubro en Santiago de Compostela. Falamos con ela para facer un repaso da súa vida deportiva e coñecer as súas sensacións con este premio.
• Supoño que aínda seguirás a recibir felicitacións, como foron estes días ?
Si, sorprendeume que se enterara tanta xente que e non o esperaba. Sempre é agradable que che feliciten e recuperar contacto con persoas que pasaraon pola túa vida deportiva e se acordan de ti nestas ocasións.
• 14 temporadas na Superliga dan para moito, que balance fas de todo o camiño? Como foi a túa evolución dentro e fora da pista?
Xa case non me lembro… fai case 10 anos que me retirei da superliga, pasou o tempo moi rápido. Fun unha afortunada por vivir tempos de moito nivel deportivo e económico na Superliga. Neses anos estaban clubes como o Tenerife Marichal ou Murcia 2005 que aportaron a liga Nacional Moitas xogadoras de alto nivel a nivel mundial (Fofao, Walewska, Dubinina, Logan Tom, Glinka, Ingrid Viser, Magaly e un longo etc. ), eso fixo que o voleibol se profesionalizase e que as xogadoras nacionais melloraramos moito o noso nivel, dado que adestrabamos 5-6 horas o día e a gran intensidade.A liga era moi competiviva tamén.
A miña traxectoria foi longa e pasei por moitos clubes, por sorte puiden elexir sempre entre boas opcións, valorando sempre ir a clubes nos que puidese mellorar a nivel deportivo e mirando menos a parte económica. Reitireime o ano que gañamos supercopa, liga e Copa co C.V. Haro, un clube no que me sentín moi querida.
Fora da pista o feito de ser deportista e estar fora da casa dende os 14 anos fíxome aprender moito, desenvolverme sola e a adaptarme rápido os cambios de cidades e clubs. Ao volei débolle o feito de ser fisioterapeuta. Tamén perdin moitos momentos de vida familiar que me houbese gustado vivir pero por suposto foi un balance positivo, penso que ser deportista de alto nivel me ensinou moito.
• O teu palmarés fala por si solo. Podes facer un reconto para nós?
Gañei a liga con Haro no 2013, quedei subcampiona de liga con Haro no 2012, e con Ucam Murcia no 2000.
Tamén a copa da Raiña con Haro dous anos consecutivos no 2012 e 2013, e quedei subcampeona con CV Diego Porcelos (Burgos) no 2010 e 2011 e con C.V. Ciutadella de Menorca en 2009.
Destacar tamén a copa Princesa co EMEVE no 2014 e ascendemos a Superliga.
• Creería a Pepo que comezou no Emevé grazas ás súas irmáns que algún día estaría homenaxeada no alto do Pavillón Municipal de Lugo?
Jajaja, Iso foi un detalle moi bonito que tivo o noso Club EMEVE coas que fomos internacionais, agora faltan outras que nestes anos tamén están na Selección Nacional.
• Seguro que pasaron moitas persoas pola túa cabeza con este premio. De quen te acordas?
Sempre da miña familia, son os que me apoian e apoiaron cada día en cada paso que din e sego a dar.
• Cal consideras que foi o maior reto acadado no voleibol? Cal é o teu mellor recordo da túa etapa como xogadora?
Supoño que gañar a Liga, Copa e Supercopa con Haro. Eses foron os anos nos que recollín o premio a todo o esforzo dos anos anteriores. Reto grande tamén foi recuperarme de lesións graves que tiven (rompín o LCA do xeonllo con 18 anos en Murcia e o Tendón Aquíleo xogando a final de Liga en Haro).
Teño moi bos recordos das Copas da Raiña. Foi moi especial a que xoguei en Monforte con Burgos, veu toda a familia, amigos e o colexio do Caurel a animar, e xogamos a final. Tamén foi moi bonita a que xogamos en Ciutadella e a de Haro porque fomos organizadores e tamén desputamos a final.
• Falemos da túa participación na selección como deportista. A túa primeira convocatoria foi con 17 anos, e viviches momentos históricos, como aquela vitoria sobre Rusia en 2004 para acceder por primeira vez a un Campeonato de Europa. Como foi a túa etapa no combinado nacional?
Na selección estiven desde os 14 anos na Junior e con 17 na Senior. Na miña época da selección pelexabamos por ir convocadas. Agora as xogadoras non queren ir. Para min ir coa selección era sempre un premio, sabía que ía a adestrar moito e que ía ser duro pero cada convocatoria era unha oportunidade única.
• Segues relacionada co voleibol de élite, pero agora dende a túa faceta como fisioterapeuta. Cómo vives os partidos no banquillo?
Gústoume moito a experiencia de fisioterapeuta coa Selección, estou moi agradecida a RFEVB de que contasen conmigo. Pasaba menos nervios de xogadora que de fisio, pero tamén agradezo a miña visión como xogadora porque podo aportar moito mais ás rapazas.
• Como valoras o voleibol galego e nacional na actualidade?
O voleibol galego femenino e masculino segue aportando moitos xogadores os combinados nacionais de todas as categorías. Eso significa que os clubes de base están funcionado ben. Estes anos as xogadoras galegas veñen pisando forte… Lucia Varela acaba de fichar na liga Italiana, Carolina Camino e Lucia Prol son fixas na selección…
O voleibol nacional parece que despois dun baixón grande volve estar subindo o seu nivel. Desafortunadamente as crises económicas afectan de maneira negativa ao noso deporte.
• Cómo ves o futuro do volei galego? Que consello lle darías aos pequenos e pequeñas deportistas do #VoleiGalego?
En Galicia xogase moito a Volei, temos boa tradición e temos clubes na élite. Hai moitos clubes traballando moi ben. O Arenal EMEVE por exemplo ten os dous equipos na Superliga, equipos de nivel e con moitos xogadores na base. Eso engancha moito os nenos que empezan. O ano pasado a Copa da Raiña en Lugo enganchou a moita xente, foi un éxito de organización, deportivo e para o Volei Galego.
Como consello aos xogadores que comenzan dirialles que o volei nos primeiros anos é un deporte difícil que precisa de moita práctica pero cando consegues controlar o balón é moi divertido e moi bonito. Ademáis podes tamén xogar na Praia cos amigos.
• Entendemos que o teu futuro pasa polo teu pequeno e a túa clínica, pero sempre ligado ao deporte. Que reto profesional queda por cumplir?
Si, este ano fun mamá, estou moi feliz co meu bebe Roi. Estarei un pouco máis apartada do volei como fisio esta tempada. Estou traballando na miña consulta e tamén no Sergas. O meu seguinte reto a longo prazo e conseguir praza no Sergas, é outra fisioterapia diferente a deportiva pero gústame moito, é moi reconfortante. Tamén gustaríame moito retomar o traballo na selección femenina.
Moitas grazas e parabéns de novo!