O Pavillón Alonso Rodríguez de Noia acolle as segundas Xornadas de Supervisión e Control da Federación Galega de Voleibol nesta temporada 22/23.
Nos días 6 de decembro (categoría masculina) e o 8 de decembro (categoría feminina) os nosos xogadores e xogadoras do Volei Galego desfrutarán unha vez máis da posibilidade de compartir coñecementos entre eles, guiados polos técnico especializados da FGVB.
Os horarios son os seguintes:
6 de decembro – categoría masculina:
- Infantil: 10:00-12:00/16:00-18:00
- Cadete: 12:00-14:00/18:00-20:00
8 de decembro – categoría feminina:
- Infantil: 10:00-12:00/14:00-16:00
- Cadete: 12:00-14:00/18:00-20:00
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 25 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día 2 de decembro ás 12:00 horas .
Recordamos que este ano a Federación proporcionará unha camiseta exclusiva ca inscrición, ademáis da comida xa incluída, que os inscritos deberán usar na concentración, indicando previamente a talla no formulario.