A Federación Galega de Voleibol fai oficial a súa segunda convocatoria das Seleccións Galegas nesta temporada co obxectivo de seguir traballando na preparación dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas 2023. Os xogadores e xogadoras seleccionados terán unha nova oportunidade para demostrar o seu potencial ante os seleccionadores/as do volei galego en Marín, onde se concentrarán de xoves a sábado co fin de facerse un oco nas listas finais.
Estas concentracións terán lugar no Pavillón do Colexio San Narciso, estando prevista a chegada da concentración infantil o xoves 6 de abril ás 10:00 horas, e rematará o sábado 8 ás 17:00 horas. Pola súa banda, a concentración cadete chegará jueves ás 12:00 horas e sairá o sábado ás 19:00 horas.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para seis adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración: