A Federación Galega de Voleibol comprácese en anunciar a convocatoria oficial das Seleccións Galegas para a derradeira concentración antes dos agardados Campionatos de España de Seleccións Autonómicas 2023, que se celebrarán do 29 de xuño ao 2 de xullo en Valladolid.
Esta concentración, que terá lugar en A Estrada, celebrarase os días 24 e 25 de xuño e servirá para últimar detalles de cara o CESA, así coma para perfilar definitivamente o listado dos xogadores e xogadoras que representarán á nosa comunidade.
Os horarios de entrada son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada sábado 24 as 10:00 e saída domingo 25 as 17:00.
- Infantil (masculino e feminino): entrada sábado 24 as 12:00 e saída domingo 25 as 19:00.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración: