Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
E-mail: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE Próximamente
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓNPróximamente
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMATIVA
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • PROTOCOLOS COVID
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
    • CLUBSPróximamente
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Inicio
  • 2023
  • agosto
octubre 2, 2023

Month: agosto 2023

Convocados novos Cursos de Árbitro Nivel I e II de voleibol

lunes, 28 agosto 2023 por Comunicacion

Para cumprir coas obrigas en canto a nomeamentos e presenza de colexiados en todos os encontros e a propias necesidades das Competicións Autonómicas, a Federación Galega de Voleibol convoca a través do Comité Técnico Galego de Árbitros dous cursos de arbitraxe para esta nova temporada 2023-2024 que está a piques de comezar.

Os cursos terán formato mixto, cunha parte presencial no Complexo Deportivo de Elviña, sito na Coruña, e outra a distancia, polo que os participantes terán que ter obrigatoriamente un enderezo electrónico e dispor de un ordenador ou ferramenta similar dotado de conexión a internet, micrófono e altofalantes / auriculares e cámara de vídeo. A ferramente utilizada será Zoom, de balde en todas as plataformas.

Para formalizar a inscrición en calquera dos dous cursos, débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de arbitros@volei.gal antes do día 7 de setembro as 13:00 horas acompañado do xustificante correspondente de pago.

AVISO: Por motivos organizativos, a xornada matutina do sábado 9 pasa ao venres 8, co formato telemático.

  • Para consultar a información específica de cada curso debe facer click nos seguintes enlaces:

INFORMACIÓN AMPLIADA SOBRE O CURSO DE ADESTRADORES NIVEL I

INFORMACIÓN AMPLIADA SOBRE O CURSO DE ADESTRADORES NIVEL II

MODELO G13 PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN

Leer más
  • Publicado en Competicións voleibol, Formación árbitros
No Comments

Convocatoria Curso de Adestrador Nivel I Narón

miércoles, 23 agosto 2023 por Comunicacion

A Federación Galega de Voleibol amplía a oferta para acadar o título Nivel I de adestrador de pista nesta temporada 23 -24. Ademáis do actual curso dispoñible en Cangas, a Federación pon á disposición dos futuros adestradores unha nova convocatoria que se levará a cabo en Narón, tamén en setembro deste 2023.

Datos básicos do curso de adestrador Nivel I:

  • Datas: 2/3 e 23/24 de setembro (4 días).
  • Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ambos días.
  • Lugar: Narón. Teoría Pabellón Municipal de A Gándara. Práctica Pavillón A Solaina.
  • Prezo: 125 €/asistente

INFORMACIÓN AMPLIADA SOBRE O CURSO

Para formalizar a inscrición débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de dtecnico@volei.gal antes do día 31 de agosto as 13:00 horas xunto co xustificante de pago á conta indicada (número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A).

Leer más
  • Publicado en Federación, Formación adestradores
No Comments

Convocatoria Curso de Adestrador Nivel I Cangas

lunes, 14 agosto 2023 por Comunicacion

A evolución crecente de equipos nas competicións autonómicas, xunto coa maior presencia de equipos galegos en Competicións Nacionais, fan que a necesidade de adestradores sexa maior cada tempada 23-24.

Por todo isto, a Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de adestradores, convoca o curso de Adestrador de Voleibol Nivel I para o comezo de esta nova temporada 2023/24.

Datos básicos do curso de adestrador Nivel I:

  • Datas: 2/3 e 16/17 de setembro (4 días).
  • Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ambos días.
  • Lugar: Cangas. Parte teorica na Casa da Xuventude. Parte práctica Pavillón Instituto María Soliño.
  • Prezo: 125 €/asistente

INFORMACIÓN AMPLIADA SOBRE O CURSO

Para formalizar a inscrición débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de dtecnico@volei.gal antes do día 31 de agosto as 13:00 horas xunto co xustificante de pago á conta indicada (número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A).

Leer más
  • Publicado en Federación, Formación adestradores
No Comments

Abertas as inscricións para o Campionato Galego Sénior de Vólei Praia

viernes, 11 agosto 2023 por Comunicacion

Esta fin de semana do 19 e 20 de agosto terá lugar o Campionato Galego Senior de Volei Praia, derradeira proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego do calendario de verán da FGVB.

A derradeira etapa do proxecto «A Coruña é Vólei Praia» albergará a Competición Senior masculina e feminina, se disputarán ambas ao longo de sábado e domingo na Praia de Riazor e quedando ambas finais fixadas para o domingo pola mañán.

Para esta terceira proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego se contará cunha inscripción de 30€ por parella, sendo o 100% das inscricións para premios quedando da seguinte forma o reparto:

  • 1° Clasificado – 40% do total das inscricións.
  • 2° Clasificado -30% do total das inscricións.
  • 3° Clasificado -20% do total das inscricións.
  • 4° Clasificado -10% do total das inscricións.

Recordamos que a inscrición das parellas deberá formalizarse por correo electrónico antes deste martes 15 as 20:00 horas a través de correo@volei.gal, así coma o xustificante do pago de 30€ no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A.

  • Formulario de inscrición para a a proba

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia, Vólei Praia Senior
No Comments

Presentación oficial de «A Coruña é Vólei Praia 2023».

jueves, 10 agosto 2023 por Comunicacion

A cidade de A Coruña continuou a ser o epicentro do vólei praia galego e nacional este 2023. Durante 3 semanas e por terceiro ano consecutivo, este proxecto realizado entre o Concello de A Coruña e a Federación Galega de Voleibol está a traer o mellor vólei praia autonómico e nacional a Riazor.

Despois da proba celebrada o 8 e 9 de xullo, onde case 300 dos nosos pequenos disputaron o Trofeo Cidade da Coruña #Voleigalego, A Coruña é Vólei Praia 2023 continua esta mesma fin de semana do 11 ao 13 de agosto co Circuito Nacional de Voley Playa da RFEVB.

A segunda edición do “Trofeo Cidade da Coruña”, proba catalogada como 2 estrellas pola Real Federación Española de Voleibol, continuará a iniciativa cun torneo con case 100 dos mellores deportistas masculinos e femininos Sénior de toda a península grazas tamén á colaboración da Deputación da Coruña.

A continuación , os vindeiros días 19 e 20 disputarase o Campionato Galego Sénior de Vólei Praia, derradeira proba do Circuíto Vichy Catalan Vólei Praia Galego, que decidirá os campións e campioas da nosa comunidade entre 48 parellas masculinas e 48 femininas que accederán a proba a través do ranking galego e que prometen un gran espectáculo nas 4 pistas instaladas.

Recordamos que o público poderá acceder aos encontros de forma gratuita e que se celebrarán na praia de Riazor dende as 9 horas da mañá ata as 20 horas aproximadamente

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia, Eventos FGVb, Vólei Praia Senior
No Comments

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

SUBIR
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR