A cidade de A Coruña continuou a ser o epicentro do vólei praia galego e nacional este 2023. Durante 3 semanas e por terceiro ano consecutivo, este proxecto realizado entre o Concello de A Coruña e a Federación Galega de Voleibol está a traer o mellor vólei praia autonómico e nacional a Riazor.
Despois da proba celebrada o 8 e 9 de xullo, onde case 300 dos nosos pequenos disputaron o Trofeo Cidade da Coruña #Voleigalego, A Coruña é Vólei Praia 2023 continua esta mesma fin de semana do 11 ao 13 de agosto co Circuito Nacional de Voley Playa da RFEVB.
A segunda edición do “Trofeo Cidade da Coruña”, proba catalogada como 2 estrellas pola Real Federación Española de Voleibol, continuará a iniciativa cun torneo con case 100 dos mellores deportistas masculinos e femininos Sénior de toda a península grazas tamén á colaboración da Deputación da Coruña.
A continuación , os vindeiros días 19 e 20 disputarase o Campionato Galego Sénior de Vólei Praia, derradeira proba do Circuíto Vichy Catalan Vólei Praia Galego, que decidirá os campións e campioas da nosa comunidade entre 48 parellas masculinas e 48 femininas que accederán a proba a través do ranking galego e que prometen un gran espectáculo nas 4 pistas instaladas.
Recordamos que o público poderá acceder aos encontros de forma gratuita e que se celebrarán na praia de Riazor dende as 9 horas da mañá ata as 20 horas aproximadamente