Despois de ter que adiar por motivos climatolóxicos a proba cadete que estaba prevista para o día 28 de outubro, esta proba Sub 17 da Copa Deputación xa ten nova data de celebración en Ourense.
Con esta proba puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, celebrada grazas á colaboración do Club Ourense Vólei Praia e ca axuda da Deputación, o Concello e o Consello Municipal de Deportes de Ourense, continúa a competición axendada en Oira o día 18 de novembro.
Recordamos que para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal, tendo o límite o martes 14 da semana da proba ás 20:00 horas e quedando o límite de tramitación de licenzas para ese mesmo luns.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA