A Federación Galega de Voleibol únese ao Programa de Prevención do Cancro na Muller, promovido por AMOH (Asociación de Pacientes de Cancro de Mama, Xinecolóxico e Hereditario) baixo o nome de «MULLER-DEPORTE-CANCRO».
En coincidencia co Día Mundial do Cancro, celebrado o 4 de febreiro, AMOH lanzou unha nova campaña que fomenta a práctica regular de actividade física, tanto para homes como para mulleres, como un elemento fundamental na prevención de calquera tipo de cancro.
A Federación Galega de Voleibol únese á labor constante de AMOH no Programa de Prevención de Cancro a través do programa «MULLER-DEPORTE-CANCRO», respaldado institucionalmente pola SEOM (Sociedade Española de Oncoloxía Médica), a SEHH (Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia) e o CSD (Consello Superior de Deportes). O obxectivo principal é transmitir e concienciar sobre medidas efectivas para previr os distintos tipos de cancros.
Para obter máis información sobre o programa «MULLER-DEPORTE-CANCRO», pódese visitar a páxina web oficial de AMOH: https://amohasociacion.org/