A Federación Galega de Voleibol fai oficial a segunda convocatoria das Seleccións Galegas de voleibol nesta temporada 23-24. Co obxetivo de seguir ca preparación dos combinados galegos que asistirán aos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, os/as convocados/as terán que concentrarse durante un ou dous días para loitar por asegurar a súa presenza nos equipos que representarán a Galicia.
Estas concentracións terán lugar os días 30 e 31 de marzo no Colexio San Narciso de Marín, facendo adestamentos en quendas de mañán e tarde e facendo percnota nas instalacións, supervisados/as polos técnicos da Federación Galega de Voleibol.
Os horarios son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada sábado 30 de marzo 11:45 e saída domingo ás 19:15.
- Infantil (masculino e feminino): entrada sábado 30 de marzo ás 09:45 e saída domingo ás 17:30.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración: