INCRICIÓNS COMPLETAS A 03/06/24
A Federación Galega de Voleibol, despois da gran acollida da primeira edición, ten o pracer de anunciar a que o Campamento #Voleigalego celebrará este ano a súa segunda edicición, novamente na localidade de Quiroga este verán de 2024.
Con esta convivencia, os deportistas e interesados no noso deporte terán unha nova oportunidade para vivir unha experiencia inolvidable, mellorando as súas habilidades deportivas mentres desfrutan da beleza natural da rexión galega de Quiroga e fan amizade con outros asistentes.
O campamento terá lugar en dúas quendas durante o verán, do 21 de xullo ao 4 de agosto, e está aberto a xogadores e xogadoras de 11 a 16 anos, de todos os niveis de experiencia.
Ofreceranse adestramentos específicos e actividades relacionadas co voleibol para mellorar tanto as habilidades técnicas como as tácticas, físicas e sociais dos participantes. Ademais dos adestramentos diarios, haberá competicións internas e actividades de lecer como sendeirismo e deportes acuáticos.
O campamento desenvolverase nas instalacións do Concello de Quiroga, nun entorno natural privilexiado, e os participantes disporán de aloxamento e alimentación no albergue municipal.
As quendas serán as seguintes:
- 1ª quenda (COMPLETA/INSCRICIÓNS CERRADAS) : do 21 de xullo con entrada a partir das 18:00 ata o 28 con saída antes das 12:00 da mañá.
- 2ª quenda (COMPLETA/INSCRICIÓNS CERRADAS) : do 28 de xullo con entrada a partir das 18:00 ata o 4 de agosto con saída antes das 12:00 da mañá.
As prazas para este campamento de voleibol son limitadas, polo que a Federación Galega de Voleibol recomenda a todos os interesados que se inscriban canto antes para garantir a súa participación gardando a preferencia de quenda por orden de inscripción. O precio de actividade será de 425 € por quenda, sendo as dúas seguidas por 750 € (número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A).
As inscricións están abertas ata o 30 de xuño e poden realizarse mediante o formulario de rexistro, atendendo calquer dúbida no correo dtecnico@volei.gal e enviando o comprobante de pago e o formulario a esa dirección de contacto para completar o proceso de inscrición .