A Federación Galega de Voleibol convoca un novo curso de adestrador nivel 1 para a modalidade de vólei praia os vindeiros días 27 e 28 de abril. O obxecto da convocatoria é completar a formación deportiva de Adestrador Federativo de Vólei Praia de Nivel I mediante ensinos que acrediten a obtención do Diploma Federativo, podendo adestrar categorías de vólei praia Infantil (Sub-15) e Cadete (Sub-17) das competicións organizadas polas Federacións de Voleibol de ámbito Autonómico e Nacional.
HORARIOS
Horario intensivo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
LUGAR
Instalacións deportivas de Oira ( Ourense)
PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 23 de abril do 2024.
PREZO
100 €
REQUISITOS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO FEDERADO
Poderán acceder ao curso segundo o regulamento da Escola galega de adestradores:
- Ter 16 anos cumpridos ou facelo no ano de celebración do curso.
- Estar en condición óptima para a realización de actividade física, non presentando ningunha patoloxía severa que lle impida a participación nas clases prácticas.
- A titulación definitiva outorgarase despois de realizar un período de prácticas dunha duración mínima dunha tempada deportiva.
Pode consultar toda a información da convocatoria na seguinte ligazón.