Pontevedra retoma a celebración desta competición ca cuarta e derradeira proba desta temporada 2023- 2024. Despois das paradas en Narón e Ourense, os nosos pequenos e pequenas viaxarán á provincia de Pontevedra.
Grazas de novo á colaboración do CV Pontevedra e o Concello de Pontevedra, a Federación Galega de Voleibol agarda reunir a máis de 300 pequenos e pequenas deportistas do noso deporte, que competirán durante todo o día ata decidir a clasificación final desta competición, que para moitos é a primeira da súa vida deportiva.
Para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 xogadores no caso de benxamíns e alevíns, e cun mínimo de 3 e máximo de 5 na categoría prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 a través de correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 29 ás 20:00, quedando o límite de inscripción de equipos para o martes 30 ás 20:00, co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
Recordamos que nas normas técnicas aplicarase o que recolle o regulamento técnico Alevín e Benxamín .