Despois de ter que aprazarse a derradeira proba que estaba prevista para mediados de maio, o volei praia galego recupera a súa data de celebración os vindeiros días 1 e 2 de xuño, no que as categorías cadete e alevín competirán sábado e domingo respectivamente nestas probas puntuables para os rankings galegos e nacional.
Queremos agradecer a colaboración do Club Ourense Vólei Praia, así como tamén ao Concello e ao Consello Municipal de Deportes de Ourense polas facilidades para levar a cabo as mesmas, que apoiaron e seguen apoiando este 2024 de voleibol praia para os nosos pequenos, permitindo que practiquen o seu deporte favorito.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas é necesario cubrir o modelo FGVB 02 e envialo ao correo competicions@volei.gal, tendo como límite o martes ás 15:00 horas. O prazo límite para a tramitación de licenzas é o mesmo luns 27 ás 12:00.
INFORMACIÓN IMPORTANTE DA PROBA:
Para o correcto funcionamento da proba, os equipos deberán estar obrigatoriamente 15 minutos antes do inicio da competición e cada equipo deberá designar un responsable do mesmo. Destacar tamén que, no caso de que se inscriban máis de 20 equipos por categoría e sexo, o promotor reservase o dereito a modificar a data de celebración da competición por motivos loxísticos.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA