Ca celebración das Finais do Campionato Xunta de Galicia Alevín e Benxamín, as finais galegas de voleibol chegaron ao seu fin este sábado en Narón.
Con preto de 60 equipos de toda Galicia, repartidos en 4 fins de semana con 60 partidos en total celebrados nos Pavillóns Manuel Coto Ferreiro da Estrada e A Solaina de Narón, o volei galego puxo fin á súa competición de pista nas primeiras nunhas finais que demostraron gran nivel do vólei na nosa Comunidade Autónoma.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer á Deputación de Pontevedra, Deputación da Coruña e aos Concellos da Estrada e Narón polas facilidades de cara á consecución dos campionatos, así coma a entidades privadas coma Gadis, que seguen a colaborar un ano máis co voleibol galego neste tramo tan importante da súa temporada.
Por suposto tamén a todos os que fixeron posible esta gran festa do voleibol galego: xogadores/as, adestradores/as, árbitros/as, pais, nais, amigos e familiares que se desprazaron dende toda Galicia para animar aos seus, enchendo os pavillóns ca súa paixón.
A continuación, o listado de campións e campioas galegos desta temporada 2023/2024:
- Campión Xunta de Galicia benxamín feminino: CV. Ciudad de A Coruña.
- Campión Xunta de Galicia alevín feminino: Colegio Liceo La Paz.
- Campión Xunta de Galicia alevín masculino: Club Korbis.
- Campión Xunta de Galicia infantil masculino: Arenal Emevé.
- Campión Xunta de Galicia infantil feminino: CV. Ciudad de A Coruña.
- Campión Xunta de Galicia cadete masculino: Club Korbis.
- Campión Xunta de Galicia cadete feminino: Arenal Emevé.
- Campión Xunta de Galicia xuvenil masculino: Arenal Emevé.
- Campión Xunta de Galicia xuvenil feminino: Arenal Emevé.
- Campión Xunta de Galicia xúnior masculino: Boiro Voleibol.
- Campión Xunta de Galicia xúnior feminino: Arenal Emevé.
- Campión Xunta de Galicia sénior masculino: Xabaríns Vólei Lugo.
- Campión Xunta de Galicia sénior feminino: CV Bruxas.