A Federación Galega de Voleibol fai oficial a quinta convocatoria das Seleccións Galegas nesta temporada 23-24.
Cos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas o derradeiro fin de semana deste mismo mes, os/as convocados/as terán que seguir traballando co fin de entrar na lista final que se publicarán próximamente e que representarán a Galicia.
Esta concentración terá lugar os días 22 e 23 de xuño no Colexio San Narciso de Marín, facendo adestramentos en quenda de mañán e tarde supervisados/as polos técnicos da Federación Galega de Voleibol e ca manutención e pernocta no mesmo lugar.
Os horarios son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada ás 09:45 do sábado 22 e saída ás 17:00 do domingo 23.
- Infantil (masculino e feminino): entrada ás 11:45 do sábado 22 e saída ás 19:00 do domingo 23.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para os adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta quinta concentración: