![Imagen-de-WhatsApp-2024-07-03-a-las-23.48.31_76cedcab](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/07/Imagen-de-WhatsApp-2024-07-03-a-las-23.48.31_76cedcab-420x280_c.jpg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/07/Imagen-de-WhatsApp-2024-07-03-a-las-23.48.31_76cedcab-1024x1024.jpg)
O vindeiros 13 e 14 de xullo as categorías masculina e feminina do vólei praia galego teñen lugar a segunda proba do Torneo Primavera, organizado polo Club Vóley Playa Milenio Ourense e puntuable para o Ranking Galego e Nacional.
As categorías en competición serán sénior/SUB21 feminino e sénior/SUB21 masculino e será imprescindible contar cunha licenza e seguro deportivo en vigor (data de tramitación 08/07/2024) para poder participar. A proba estará aberta a todas as parellas federadas que se inscriban e a orde de entrada regularase polos puntos acumulados no ranking nacional ata o día 08 de xullo de 2024. No caso de non teren puntos, a orde de entrada determinarase pola data de inscrición* na proba, que se deberá facer cubrindo o formulario: https://forms.gle/LuFG5cgBVz8SwfUA8 , no que haberá que adxuntar o xustificante bancario e todo antes do martes 11 de maio ás 20:00 h.
Pode consultar a información completa do torneo na seguinte ligazón.
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/07/Imagen-de-WhatsApp-2024-07-03-a-las-23.48.14_88efa0ab-724x1024.jpg)