Hoxe no Palacio dos Deportes de Riazor tivo lugar a presentación da edición deste verán.
Xa por cuarto ano consecutivo, este proxecto realizado en colaboración entre o Concello de A Coruña e a Federación Galega de Voleibol segue a traer o mellor vólei praia autonómico e nacional a Riazor.
A Coruña é Vólei Praia 2024 comeza este ano ca celebración do Campionato Galego Sénior, cuarta e derradeira proba do Circuito Vichy Catalán Vólei Praia Galego o 27 e 28 de xullo e que decidirá os campións e campioas da nosa comunidade entre as parellas masculinas e femininas que accederán a proba a través do ranking galego e que prometen un gran espectáculo nas 3 pistas instaladas.
A fin de semana posterior, do 4 e 5 de agosto, o Circuito Nacional de Voley Playa da RFEVB colle protagonismo un ano máis na Praia de Riazor, ca celebración do Terceiro Trofeo Cidade da Coruña, proba catalogada dunha estrella na que as mellores parellas nacionais disputarán tanto na categoría masculina coma feminina.
Recordamos que o público poderá acceder aos encontros de forma gratuita e que se celebrarán na praia de Riazor dende as 9 horas da mañá ata as 20 horas aproximadamente. Queremos agradecer ao Concello da Coruña por poder achegar un ano máis o noso deporte á cidade, así coma ás empresas colaboradoras Gadis e Vichy Catalan por axudarnos na súa celebración