

Os vindeiros 8 e 9 de febreiro, a, terá lugar a celebración do II Open Café Las Antillas – Campos Vóley Playa , proba organizada polo Club Ourense Vólei Praia e puntuable para o Ranking Galego e Nacional e de multiplicador 2.
As categorías en competición serán sénior/Sub 21 feminino e sénior/Sub 21 masculino, e será imprescindible contar cunha licenza e seguro deportivo en vigor (data de tramitación 06/02/2025) para poder participar.
A proba terá un prezo de 30 euros por parella e estará aberta a todas as parellas federadas que se inscriban. A orde de entrada regularase polos puntos acumulados no ranking nacional ata o día 06 de febreiro de 2025 e, no caso de non teren puntos, a orde de entrada determinarase pola data de inscrición. Informar tamén de que as previas se realizarán o sábado 8, deixando o cadro final para ambas categorías o domigo 9.
Para formalizar a participación na proba, deberase facer a través de competicions@volei.gal , adxuntando o xustificante bancario de pago (ES45 2080 0000 7030 4026 4115) antes do martes 4 de febreiro ás 20:00 h.