

Galicia será a sede de novo de dous torneos de clasificación para o Campionato de Europa Sub16 de voleibol, que se celebrarán do 25 ao 27 de abril de 2025. A cidade de Lugo acollerá a competición masculina, mentres que Monforte de Lemos será o escenario da feminina.
No preeuropeo masculino, que terá lugar en Lugo, a selección española enfrontarase aos equipos de Austria, Estonia e Acerbaixán no grupo B. Os dous primeiros clasificados de cada grupo, xunto cos dous mellores terceiros dos cinco grupos, obterán praza para o Campionato de Europa, previsto en Yereván (Armenia) do 23 de xullo ao 3 de agosto. A selección masculina iniciou a súa preparación en xaneiro, acadando a medalla de prata no torneo WEVZA celebrado en Aviñón, Francia.
Pola súa banda, a selección feminina competirá en Monforte de Lemos, no Pavillón Municipal da Pinguela, dentro do grupo E, xunto a Italia, Austria e Finlandia. Os dous primeiros de cada grupo e o mellor terceiro dos cinco grupos clasificaránse para o Campionato de Europa, que se disputará en Albania e Kosovo do 2 ao 13 de xullo. O equipo feminino rematou en terceira posición no torneo WEVZA en Italia, onde xa se enfrontou a Italia e Finlandia.
As seleccións nacionais buscan repetir o éxito dos equipos sub18, que en 2024, co apoio de Dumbría e Cambados, lograron a clasificación para o Campionato de Europa da súa categoría. Próximamente, ofrecerase máis información sobre os encontros e horarios.
