

Hoxe tivo lugar a presentación do II Open Café Las Antillas – Campos Vóley Playa Sénior/Sub 21, que se celebrará esta fin de semana no Recinto deportivo de Oira Praia e dará paso as probas pertencentes ao Campionato Galego de Vólei Praia de todas as categorías do volei galego.
Na presentación, que estiveron presentes D. Jorge Pumar, representante da Deputación de Ourense, D. Alberto García, representante da Federación Galega de Voleibol e D. Álex Prada en nome do Club Ourense Vólei Praia, ademáis dos xogadores do club Iago e Carla, mostráronse as datas de todas as categorías, quedando do seguinte xeito:
- 8-9 febreiro – Categoría Sénior/Sub 21.
- 22 febreiro – Categoría Sub 19.
- 8 marzo – Categoría Cadete.
- 22 marzo – Categoría infantil
- 5 abril – Categoría Alevín.
- 12 abril – Categoría Sub 19.
- 26 abril – Categoría Cadete.
- 10 maio – Categoría infantil.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer á Deputación de Ourense a súa colaboración, así coma ao Concello e o club local, por todas as facilidades para levar unha vez máis o vólei praia a Ourense, e facilitar así que os máis xóvenes a práctica do seu deporte favorito de forma federada.
