

Grazas ao CV Ourense e ao CV San Martiño, así coma á colaboración da Deputación, Concello e o do Consello Municipal de Deportes de Ourense, comeza a competición un ano máis nas categorías Benxamín e Prebenxamín, as futuras estrelas do noso deporte en Galicia.
Hoxe tivo lugar no Pavillón Municipal dos Remedios a presentación oficial da primeira proba do Campionato Galego Benxamín/Prebenxamín. Con sedes no Pavillón do Pompeo, os pequenos e pequenas do noso deporte xogarán este vindeiro día domingo 2 de marzo nas 6 pistas habilitadas para o seu disfrute.
Á presentación asistiron o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez; o Concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira; o Director de comunicación e marketing da Federación Galega de Voleibol, Alberto García e os representantes do CV San Martiño e CV Ourense, Gabriel Torquemada e Mateo Fernández.
Lembramos que seguen as inscricións abertas para a proba e que poderán consultar toda a información na páxina específica desta competición.
